Con motivo do Día das Letras Galegas, dende o EDL do I.E.S. García Barbón queremos homenaxear a figura de Valentín Paz Andrade xunto con vós.
Animámosvos a todos e a todas a participar nos diferentes concursos que se levarán a cabo na semana das Letras. Aquí tedes as BASES do CONCURSO DE DEBUXO:
CONCURSO DE DEBUXO Valentín Paz Andrade
O Equipo de Dinamización Lingüística do IES García Barbón convoca un concurso de debuxo para celebrar o Día das Letras Galegas, adicado este ano a Valentín Paz Andrade.
PARTICIPANTES:
Poderá participar todo o alumnado do centro (BACHARELATO, CICLOS, P.C.P.I. e E.S.A.)
TEMA E CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS:
Os debuxos deben versar sobre algún aspecto da obra poética do autor. Para facilitar o traballo, no blog do EDL www.chumaceira.blogspot.com poderá atoparse unha pequena selección de versos que pertencen a distintos poemas de Valentín Paz Andrade, así como enlaces a páxinas nas que obter máis información sobre o escritor. Así mesmo, no 1º andar do instituto están pendurados uns carteis informativos que poden servir de axuda á hora de formular unha idea máis clara sobre a súa vida e obra.
O debuxo debe reflectir unha interpretación persoal do verso escollido (este debe aparecer caligrafado no debuxo) pero sempre ligada á figura homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.
As características do papel (grosor, acabado, cor etc. ) e técnica será a elección dos/as participantes.
Os debuxos deben realizarse cun tamaño máximo A3.
Cada participante poderá presentar un só traballo.
PRESENTACIÓN:
O debuxo entregarase na Conserxería no centro nun sobre pechado consignando nel: Concurso de debuxo Valentín Paz Andrade. O sobre conterá:
O debuxo cun sobrenome por detrás.
Un sobre máis pequeno, pechado, co sobrenome por fóra e cos datos persoais dentro: nome, apelidos e curso.
O traballo poderá presentarse ata o venres 25 de maio.
XURADO
- O xurado estará composto por un profesor/a do claustro, un membro do EDL e un integrante do persoal non docente.
PREMIOS
- Darase un 1º e 2º premio aos gañadores.
A ESCOLMA de VERSOS nos que basear o debuxo son os seguintes:
" Chora terra teu pranto xeneroso.
O que todo galego choraría,
en roda de multánime silenzo
e ollares abatidos
sobor de longo corpo derrubado
que fora vivo mastro en loita núa;"
(Versos do poema "O que todo galego choraría")
__________________________________________
"cando ti volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas polo mare;
luces de ardora branca en cada mastro"
( Versos do poema " Cando ti volvas")
_______________________________________
Vén o ar ateigado de palabras,
cada mañá chamando aos nosos vidros,
para por a xermolar son e semente.
As palabras decote están falando
e somos nós os xordos á mensaxe
que no seo das sílabas carrexan.
(Poema "As palabras")
________________________________________
"Bañado na onda do mare
e peneirado na brisa
entre as palmas do mencer
entrou encoiros o día."
( Versos do poema "Cantiga matinal de Samil")
________________________________________
"Quen fora o vento que rube
a refrescar as estrelas
despois de folgar coa nube!"
(Versos do poema "Triadas do vento no mar")
_______________________________________
Lobo na sombra enfoulado
que cando aos vultos oubeas
pos o silencio esgazado,
feito farrapos de teas.
(Versos do poema "Cantarela do camiñante")
Agardamos a vosa participación!
wtf
ResponderEliminar