22/12/11

A NOSA FELICITACIÓN


Compartimos con toda a comunidade educativa do Ies Gracía Barbón a postal da Coordinadora .

LER NO NADAL




A Coodinadora de Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino da comarca de Verín e Viana do Bolo , que este curso coordina a compañeira Inma Otero, publicou un folleto con propostas de lectura para alumnado de todos os niveis . O folleto foi repartido entre o alumnos do IES García Barbón , como podedes ver na foto .

REUNIÓN CLUBE LECTURA PROFESORES



E chegou o día para falarmos de Herba Moura , a novela de Teresa Moure que lemos os profesores participantes no Clube de lectura.

Herba Moura narra a historia de Hélène Jans e a raíña Cristina de Suecia, dúas mulleres do ´sec.XVII unidas pola figura do recoñecido filósofo René Descartes.Einés Andrade, situada no noso tempo, é a outra figura feminina da novela encargada a coñecera vida de Hélène e Cristina grazas á investigación que está a realizar para a súa tese doutoral .
Teresa Moure plantéxanos a evidencia dun universo feminino propio, nin mellor nin peor que od o home , pero no que poida ser ela mesma .
A novela é unha reivindicación dos sentidos , do mundo hedonistae un chamamento ao carpe diem.Un dos aspectos máis valiosos e logrados do libro .

Esta lectura xa nos levaba animando charlas e viaxes entre Ourense e Verín.Tivo os seus detractores e os seus apaixonados , e conseguiu acender unha animada polémica arredor do tema feminino / masculino .

Por suposto a charla estivo acompañada dos cafés e dun biscoito de Nelson. Home que posúe moitos deses " pequenos saberes invisíbeis" que como di Helénè sempre se consideraron de pouco ou nulo valor , pero que nos sabemos que son a GRAZA da vida .

SAÚDE PARA TOD@S E FELICES E BOAS LECTURAS

REUNIÓN CLUBE LECTURA ALUMNOS


O 7 de Decembro reunidos nun agarimoso e bonito local da vila , os alumnos e mais os profes implicados no Clube de Lectura celebramos o 1º encontro deste Curso para falarmos do Manifesto Comunista .
Os alumnos de 1º Bac. tiñan o Manifesto como lectura obrigatoria este trimestre na Materia de Historia .
Foi Xosé M. Castro , o profe que se encargou de coordinar a charla e comezou facendo unha análise sobre as características formais do Manifesto : enunciación colectiva ,carácter programático proclamas e consignas ...E xa pasamos á mensaxe en si, ao contido do libro . O profesor abordou a teoría marxista facendo preguntas ao alumnos: que sabedes do comunismo?, Ten sentido a loita obreira hoxe ? E válida nos nosos días á crítica ao capitalismo ?

Parece que o Materialismo histórico pode resultar máis comprensíbel aos moz@s e axudalos a interpretar mellor a realidade que lles está tocando vivir .

GRAZAS A TOD@S POLA PARTICIPACIÓN

15/12/11

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO




INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO:

IES García Barbón e IES A Pontepedriña

Os membros do ENDL e o alumnado de 1º de Bacharelato estamos dispoñendo todo para comezar canto antes o intercambio lingüístico co alumnado do IES A Pontepedriña.

Emprendemos a actividade co convencemento de que será unha experiencia inesquecible!

En breve, as nosas cartas de presentación viaxarán cara a Compostela.




09/12/11

Encontros literarios


Comezaron os encontros literarios do club de lectura.


O alumnado de Bacharelato reuniuse o pasado mércores 7 de decembro no bar Ábaco de Verín para parolar sobre a obra de Marx
O manifesto comunista.

A charla-coloquio foi coordinada polo profesor Xosé Manuel Castro. Nela, profesorado e alumnado conversaron sobre a lectura, intercambiaron impresións e sensacións.



Aínda estás a tempo de unirte ao Club, anímate!

13/11/11

Herba moura. Teresa Moure


"Das moitas formas que hai de amar, unha das máis poderosas, das máis suxerentes e das máis excitantes é o enamoramento literario"

-----------------------------------------------------------

O club de lectura do IES García Barbón arrinca a súa andaina coa lectura da obra de Teresa Moure Herba moura.

  • DATA da primeira reunión: xoves 15 de decembro.
  • HORA: 11:20 h.
  • LUGAR: biblioteca.
  • Presentación a cargo do profesor Xosé Manuel Castro.