Amosando publicacións coa etiqueta HUMOR. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta HUMOR. Amosar todas as publicacións

28/04/10

ISABEL RISCO E XABI XÁCOME NO NOSO INSTITUTO

O DÍA 10 DO VINDEIRO MES ESTÁ PREVISTA UNHA CHARLA NO IES GARCÍA BARBÓN, DA COÑECIDA ACTRIZ GALEGA ISABEL RISCO. VIRÁ ACOMPAÑADA DOUTRO RELEVANTE PERSOEIRO (XABI XÁCOME) DO NOSO AUDIVISUAL.
VELAÍ VOS VAI UNHA PEQUENA MOSTRA DO QUE FAI......PARA QUE VOS VAIADES ANIMANDO



">

08/03/10

BANDA DESEÑADA EN GALEGO, OF COURSE


NESTE TEMPO QUE ARREPÍA NADA MILLOR QUE BOTAR UNHAS GARGALLADA, CON MOITA RETRANCA.....
TENTAREMOS POÑER ESTA REVISTA DE HUMOR Á VOSA DISPOSICIÓN EN BREVE. QUEN QUEIRA ABRIR BOCA PODE PASAR POLA BIBLIOTECA DO INSTI QUE HAI MOITA BD EN GALEGO OU DARSE UN PASEO NO SEGUINTE ENDEREZO DE INTERNETE


http://www.culturagalega.org/bd/index.php



06/02/10

QUE RAPAZALLADA....!

Eutanasia nos mozos


Onte á noite a miña mamá e eu estabamos sentados na sala falando das
moitas cousas da vida... entre outras... estabamos a falar do tema de
vivir/morrer.

Díxenlle: 'Mamá, nunca me deixes vivir en estado vexetativo, dependendo de
máquinas e líquidos dunha botella. Se me ves nese estado, desenchufa os
artefactos que me manteñen vivo. PREFIRO MORRER'.

¡ ¡ Entón, a miña mamá ergueuse cunha cara de admiración... E
desenchufoume o televisor, o DVD, o cable, Internet, o PC, o mp3/4,
a Play-2, a PSP, a WII, o teléfono fixo, quitoume o
móbil, a ipod, o Blackberry e tiroume todas as cervexas!!!


¡ ¡ A nai que a pariu !! ... ¡ ¡ ¡ ¡ CASE MORRO !!!!

29/01/10

radicais??

Así é como se cualificou ás persoas que se manifestaron contra o borrador do decreto do plurilingüísmo. Tomémolo con humor. As páxinas do semanario compostelán "Tierras de Santiago" ironizan así sobre este cualificativo desafortunado:

18/11/09

MALOSERÁ¡



Outro top ten da publicidade en galego, co selo inconfundible de http://www.vivamoscomogalegos.com/