12/05/11

17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS: LOIS PEREIRO:::

O departamento de lingua galega e EDL organizan o concurso PEREIRÍZATE. No corredor do baixo (ao carón da aula de informática) podes ver unha exposición sobre o autor de Monforte. Consigue as fichas para participar en PEREIRÍZATE e cúbreas coa información que che piden sobre a exposición, logo deixa a ficha cuberta na caixa de correo instalada ao carón da conserxería. Hanse sortear os poemarios do ilustre poeta.
Tes información sobre LOIS PEREIRO neste enlace

Ningún comentario:

Publicar un comentario