Amosando publicacións coa etiqueta MÚSICA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MÚSICA. Amosar todas as publicacións

16/12/10

The Homens este sábado na Casa da Xuventude de Verín:::

18/12/2010 Verín 18:00 Casa da Xuventude
19/12/2010 Xinzo de Limia 18:00 Telecentro- Casa da Cultura
Máis info neste enlace

15/11/10

Lucía Perez gaña un concurso estatal cunha canción en galego: O Incio:::

A cantante Lucía Pérez vén de gañar o "I Festival de la Canción Gay, Gayvisión" celebrado en Torremolinos (Málaga) A canción seleccionada como gañadora é en galego e fala do Incio, a terra de orixe desta cantante. Pódese atopar esta peza no seu disco "Dígocho en galego".

19/10/10

Crean a plataforma "A Carolina en Galego":::


Logo da polémica pola aparición da Carolina en castelán nos libros de música de primaria, xorde unha plataforma lúdica que xa está a cantar "A Saia da Carolina" como se fixo sempre, no noso idioma...
pica neste enlace que é o da plataforma

13/10/10

Cantando en galego... nunha escola da India!!!:::

En Pubai-Orissa, nunha zona illada India, existe unha escola financiada por uns 280 veciños de Cangas a través da ONG Shanga. Pagan 6 euros ao mes, abondo para alimentar a un dos 500 cativos hindús no María Soliña de Asia.

Ademais de alimentalos, os nenos reciben toda a formación oficial que marcan as autoridades dese estado. Entre clases non podía faltar a música.

Velaí un vídeo cunha mostra do que aprenderon.


08/03/10

O TOXO RABUDO



AQUÍ ESTAMOS DE NOVO. FOMENTANDO O AUDIOVISUAL GALEGO (DE BALDE), OUTRO SITIO NOVO PARA DESCARGAR MÚSICA DA QUE VOS GUSTA...



Pinchade no seguinte enderezo ou ide a sección de AUDIOVISUAL GALEGO DO NOSO BLOGUE:
http://otoxorabudonetlabel.blogspot.com/

27/11/09

MÚSICA AO VIVO

Queres estar enterad@ do último en música feita en Galicia (grupos, lugares e datas de actuación......)? pincha na imaxe e poderás tamén descargar en formato pdf a revista, para non perder o ritmo.


19/11/09

OUTRO DE CELSO EMILIO

DEITADO FRENTE Ó MAR, versión HIP-HOP dun grupo de Ordes bastante cañeiro: Deus que te Crew.

velaquí tende a letra e a música e a practicar..........

DEITADO FRENTE Ó MAR...

Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.

Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.

Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...