Amosando publicacións coa etiqueta POESÍA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta POESÍA. Amosar todas as publicacións

01/12/10

Poema colectivo de "moita poesía, pouca diversión"


María Lado envíanos o cadáver exquisito que construímos este luns no recital "moita poesía, pouca diversión"
"Non hai máis butano, amor"
fráxiles como todo o que vale a pena
medran coma xirafas e nunca devoran,
escribían mensaxes instantáneas
e que dicir das magnolias?
unha puta ou un mariñeiro borracho
ademais, cuspimos sobre ti,
ti, precisas deterxente.
hai unha nube moi grande e mpio escur apolo ceo
puta resabida que asustaches os romanos
xa te imaxina estreñida e rugosa,
pequena peter pan,
e viaxar dunha a outra nun segundo.

19/11/09

OUTRO DE CELSO EMILIO

DEITADO FRENTE Ó MAR, versión HIP-HOP dun grupo de Ordes bastante cañeiro: Deus que te Crew.

velaquí tende a letra e a música e a practicar..........

DEITADO FRENTE Ó MAR...

Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.

Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.

Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...


IRMAO,de CELSO EMILIO FERREIRO musicada polo grupo FUXAN OS VENTOS

Para tod@s aqueles que vos custe abrir un libro .........aquí vos vai un emotivo video dun poema do inesquecible autor de CELANOVA (a un tiro de pedra de Verín) musicado por Fuxan os Ventos.

14/11/09