Amosando publicacións coa etiqueta novas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta novas. Amosar todas as publicacións

08/04/11

charla sobre GARCÍA BARBÓN:::


A Casa da Cultura de Verín acolle HOXE 8 de abril, ás 20.15 horas, unha charla e audiovisual sobre Xosé García Barbón, realizada polo etnógrafo e historiador Xerardo Dasairas. No transcurso da mesma proxectarase un audiovisual sobre o insigne verinés creador da electra de Verín, do Balneario de Cabreiroá entre moitas outras accións meritorias para a nosa vila e bisbarra.
info

27/10/10

Feira de Santos en CHAVES:::

A vindeira fin de semana celébrase un dos maiores acontecementos culturais do norte de Portugal, a prensa xa se fixo eco da que se prevé unha cita multitudinaria

LER NOTICIA

Acusan a unha imprenta de "secuestrar" o último número da revista RETRANCA:::

A revista RETRANCA é coñecida por facer un humor ácido con temática social e política, por iso é tan polémica. Desta volta hase facer máis coñecida aínda posto que a publicaban nunha imprenta murciana que, literalmente, "secuestrou" o último número relativo á visita do Papa a Santiago de Compostela. Aínda que a empresa que a edita di que non están obrigados a facer a impresión, o certo é que os contidos polémicos que trata botaron para atrás á imprenta. Seguramente isto supoña unha publicidade maior para a RETRANCA. Podes acceder ao blog da revista neste enlace.

29/01/10

carta dos investigadores do Instituto da Lingua Galega [ILG]ao presidente do goberno galego:::


Excmo. Sr. Presidente da Xunta de Galicia,

Á vista das Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non
universitario de Galicia presentadas pola Xunta de Galicia o pasado 30 de decembro, os investigadores do Instituto da Lingua Galega dirixímonos a vostede para lle manifestar a nosa preocupación polas consecuencias negativas que este conflito ten para o status da lingua galega, facendo nosa en todos os seus aspectos a análise elaborada pola Real Academia Galega e feita pública o día 16 de xaneiro.

Consideramos que o novo decreto, a teor das Bases publicadas, representaría unha
involución no proceso de normalización da lingua galega. A súa aplicación faría imposible que a maioría dos alumnos e alumnas poida chegar a ter competencia comunicativa na lingua propia de Galicia, co que se agravaría o déficit que xa existe na actualidade, como sinalan todos os estudos científicos, e que só é posible corrixir con medidas de discriminación positiva cara ao galego. Esta situación suporía unha seria eiva na formación dos estudantes, que dificultaría a súa capacitación futura, privaríaos do acceso ás súas raíces culturais e limitaría a súa proxección cara aos ámbitos de lingua portuguesa.

Esta nova política lingüística da Xunta de Galicia é cuestionada con serios argumentos
xurídicos por un numeroso equipo de xuristas, e no ámbito educativo provoca enfrontamento e conflito. Por estas razóns é rexeitada de maneira unánime polos diferentes colectivos implicados nestas etapas do ensino (pedagogos, profesores, pais e alumnado) e pola sociedade en xeral, como se fai evidente polos numerosos pronunciamentos contrarios a esta norma e se plasmou na multitudinaria manifestación que tivo lugar o pasado día 21 de xaneiro en Santiago de Compostela.

Por todo isto, instámolo a volver ao consenso que presidiu a política lingüística en
Galicia desde a promulgación da Lei de normalización lingüística ata a aprobación do Plan xeral de normalización da lingua galega. Animámolo a desenvolver as medidas de normalización real da lingua previstas neste plan, o cal expresa a vontade política unánime dos representantes da cidadanía galega nunha altura en que o seu partido tiña maioría absoluta no Parlamento Galego e en que vostede mesmo era un dos máximos representantes do Goberno de Galicia.

Persoal investigador do Instituto da Lingua Galega
Universidade de Santiago de Compostela

14/01/10

Protesta contra o borrador do decreto sobre o plurilingüísmo no ensino:::

Porque é inviable totalmente, porque non responde á máxima de garantir que o alumnado sexa competente en galego e castelán ao remate dos seus estudos, porque é unha improvisación de última hora e somos a comunidade escolar quen imos sofrir as consecuencias da súa imposición.



04/12/09

Tuenti en galego:::


Desde onte xa está dispoñible na rede TUENTI no noso idioma: