08/04/11

videoARTE coa túa PARTE:::

Concurso de VIDEOCREACIÓN “videoARTE coa túa PARTE” EDL IES García Barbón
Desde o IES GARCÍA BARBÓN queremos convidar a toda a comunidade educativa tanto do noso centro coma dos centros integrados na coordinadora comarcal a participar no certame de videocreación "videoarte coa túa parte". Neste blog iremos colgando as novidades e solucionando as dúbidas que poidan xurdir. De momento podemos consultar as bases, que son estas:

Concurso de VIDEOCREACIÓN


“videoARTE coa túa PARTE”


EDL IES García Barbón


BASES


Poderá presentarse todo o alumnado dos IES das comarcas de Verín e Viana do Bolo pertencentes á coordinadora comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega.


Poderánse entregar traballos até o día 31 de maio de 2011 dirixidos ao correo electrónico do EDL do IES García Barbón [normalizacionbarbon@gmail.com]


O traballo consistirá na realización dunha videocreación a partir dun tema musical entre varios propostos polo xurado. Esta videocreacion pode ser feita en calquera soporte dixital [programas de creacion de video informaticos, móbiles…] e formato e estension [.avi, ppt...]


Para inscribirse débese enviar un correo a normalizacionbarbon@gmail.com indicando nome, apelidos, curso e centro de ensino ao que se pertence. Confirmarase a inscrición cun correo resposta onde figurarán as pezas musicais coas que se pode traballar.


O xurado valorará os seguintes aspectos: orixinalidade, complexidade na realización, estética, adecuación ao tema musical escollido, innovación...


Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras


Premios: todos os participantes recibirán un agasallo . De entre todos eles o xurado escollera un traballo gañador que recibirá un VIDEOPACK [lote de produtos relacionados coa musica, banda deseñada...]


Estas son as cancións coas que se pode participar:


1.Carmen Rey-Areas de Sal


2.Hugo Torreiro-Por verte sorrir


3.Pirritx, Porrotx eta Marimotots -Quérote máis


4.Joselito-O Merengue do Porquiño


5.Duplo Son- Casa do Río


6.A Banda da Balbina- Fillo do Mar


7.Tvg- As bólas do Dragón


8.DJ Sonic- Sen ti


9.Fanny e Alexander- Amei-te tanto


9. Hevel e Rayel - Move Move


10.Pulpiño Viascón- In the Ocean


11.Paula Madero - Preto de Min


12. Projecto Mourente - Coma os caranguexos


13.O Neno Tesoira - Rumborranchera


14. Ses - Tola atrás de ti


15. Vicent Jalo - Xirarei on you (Machuco)

Ningún comentario:

Publicar un comentario