10/05/10

TOXIC PERCEBE:::

Directamente extraído da Ría de Vigo chega unha curta chamada "TOXIC PERCEBE", cociñada por Xabier Xácome e Martín Fiallega. Preséntanola no García Barbón o propio guionista e director. É a historia da Galicia post-Prestige. O fuel non só contaminou as praias senón que tamén provocou cambios xenéticos nunha das especies máis valoradas do noso mar: os percebes. Este é o punto de orixe desta curtametraxe ao máis puro estilo "cómic de serie B" no que convivirán voluntarios para a limpeza con narcotraficantes e... mírao ti mesmo/a; O Monstro Percebe :D

CHEGOU A VERÍN, agárrate á túa butaca e... COIDADO CO PERCEBE!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario