A palabra "chofer" debe ser, segundo o VOCABULARIO ORTOGRÁFICO DA LINGUA GALEGA aguda. Vén do francés chauffeur e de aí derivou ás nosas linguas veciñas: portugués chofer, castelán chofer/chófer, ao inglés chauffeur ou ao alemán Fahrer, Chauffeur. é un substantivo referido á persoa que ten por oficio conducir automóbiles. Compárese co sinónimo conductor.
A primeira vez que apareceu un vehículo que foi capaz de desenvolver o seu propio movemento con enerxía autopropulasada foi non automóbil que coñecemos hoxe en día, senón un triciclo impulsado por unha caldeira de vapor. No ano 1769 o enxeñeiro militar francés Nicolas-Joseph Cugnot usouno para transportar un canón; despois veu a locomotora, tamén de vapor, e só en terceiro lugar apareceu o automóbil con motor de explosión.
En francés esta palabra fai referencia á calor, o verbo quentar é chauffer, e a persoa que se encarga de quentar unha caldeira, o caldeireiro, chámase chauffeur, literalmente: 'quentador'.
Cando apareceron os primeiros automóbiles, non había unha palabra para designar o suxeito que conducía aquel vehículo, así foi que na lingua de orixe se adoptou o nome do traballador que cumpría tal función na locomotora. Como a cultura francesa contaba por entón con gran prestixio, chauffeur foi rapidamente adquirido polas linguas románicas e adaptado ao galego co termo chofer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario