15/10/13

SAMAÍN: BASES DO CONCURSO DE CALACÚS




1.- As datas de celebración do concurso serán 28, 29 e 30 de Outubro de 2013.

2.- O xurado estará constituído por un/ha alumno/a de horario de mañá, un/ha alumnno/a de horario de tarde, un/ha membro do equipo directivo, un/ha membro do PAS, un/ha profesor/a de horario de mañá, un/ha profesor/a de horario de tarde e o coordinador de ENDL.

3.- A valoración do xurado basearase en:
  • A estética do calacú.
  • O contexto no que se exhibe (se se aproveita o contexto para conformar un “todo”)
  • A orixinalidade do calacú.

4.- Poderanse presentar tantos calacús como se queira, cun mínimo dun por persoa participante.

5.- Poderanse presentar calacús en parella sempre e cando se presente un por persoa, é dicir, un mínimo de dous calacús por parella.

6.- No concurso poden participar calquera membro da comunidade educativa (profesorado, pais, nais, alumnado, pas e persoal de servizos).

7.- Cada calacú deberá ter escrito na parte de abaixo exterior NOME e APELIDOS, e a REFERENCIA DENTRO DO CENTRO (nai, pai, cafetería, profesorado, curso no caso do alumnado,...)

8.- Os calacús deberán traerse ao centro ao longo do día 28.

9.- O día 30 de outubro o xurado resolverá o concurso.

10.- O premio entregarase no recreo correspondente (recreo de mañá ou recreo de tarde) da persoa gañadora o día 4 de novembro.

11.- Cada participante será responsable de retirar o seu calacú o día 4 de novembro.

12.- Para a realización dos calacús poderanse empregar todo tipo de materiais, se ben sempre deberán facerse cunha cabaza como material base.

13.- Cada membro do xurado deberá elixir 3 calacús dos cales sairá o grupo de aspirantes.

14.- O nome da persoa gañadora publicarase nos taboleiros do centro a primeira hora da mañá do día 4.

15.- Os calacús poderán colocarse en calquera parte do centro sempre que sexa interior e en ningún caso poderá interromper a circulación nin a actividade do centro (non se poderán deixar en medio de portas, enriba de teclados,...)

Ningún comentario:

Publicar un comentario