01/03/12

A toponimia de Galicia. Vicente Feijoo Ares





No mes de xaneiro tivemos a sorte de que nos visitara Vicente Feijoo Ares. Vicente é natural do concello de Riós e un gran especialista na materia da toponimia. Con el descubrimos que era a MACROTOPONIMIA (conxunto de nomes de lugares identificadores dunha zona ampla que se converteu en elemento importante na identificación do territorio) e a MICROTOPONIMIA (conxunto de nomes de lugares pouco extensos que só son coñecidos por unha minoría da veciñanza), así como os diferentes eidos temáticos nos que se poden agrupar os nomes dos lugares (o relevo, a vexetación, os nomes de animais, as tarefas agrícolas...).

O que máis chamou a nosa atención foi o extraordinario traballo que Vicente realizou sobre a LITONIMIA de Galicia (os nomes das pedras). Leva anos traballando decote sobre as diferentes motivacións semánticas que lle dan nome ás nosas pedras e, en breve, esperamos poder gozar do libro que está preparando sobre o tema.

O alumnado de Bacharelato e PCPI amosou un gran interese durante a charla e ao final desta puido resolver moitas curiosidades sobre a toponimia da zona grazas a Vicente.

Deixámosvos un par de enlaces que poden ser do voso interese:

http://toponimia.xunta.es/
http://www.xunta.es/nomenclator/arbol.jsp





Ningún comentario:

Publicar un comentario