07/04/11
Comenius en Verín:::
Desde o 4 ao 8 de abril, vintecatro alumnos do Istituto Tecnico Industriale 'E. Fermi' de Barletta (Italia) e Plunge Senamiescio Secondary School de Plunge (Lituania), acompañados de profesores, once estudantes do IES García Barbón e educadores do mesmo centro están visitando a Eurocidade Chaves-Verín, para clausurar o proxecto 'Explorando a Similitude e Diferencia', enmarcado dentro do programa educativo Comenius.
Durante esta primeira xornada, alumnos e profesores dos tres centros educativos foron recibidos polos rexedores municipais de Verín, Juan Manuel Jiménez, e Chaves, Joâo Batista, que lles mostraron actuacións e proxectos que se están desenvolvendo no ámbito da Eurocidade Chaves-Verín. Durante os restantes días, ademais de presentar os traballos realizados, visitaranse diferentes cidades galegas e os recursos termais, vitivinícolas e patrimoniais das localidades de Chaves e Verín.
O proxecto 'Explorando a Similitude e Diferenza', realizado durante dous cursos lectivos (2009-2011), naceu co obxectivo de analizar as semellanzas e diferenzas de dous aspectos básicos da cultura tradicional dun país: gastronomía e música. Nas respectivas viaxes a Italia e Lituania expuxéronse traballos sobre instrumentos tradicionais e proceso de elaboración do pan, nesta visita presentaranse os dous últimos: cancións tradicionais -transcritas ao inglés da súa lingua orixinal e interpretadas por xente maior da zona- e menús festivos da época da Coresma -martes de Entroido en Verín, festa de Pascua en Barletta e xoves de Despedida do Inverno en Plunge-.
A Eurocidade Chaves - Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario