16/03/11

MASASHI OKI, DESDE TOKIO RELATA O GRANDE SISMO DO XAPÓN:::


Masashi Oki é un xaponés namorado de Galicia, por iso abriu un espazo en internet [blog.livedoor.jp/Galicia] para establecer un diálogo cultural galegoxaponés: “quero introducirvos a cultura xaponesa aos galegos e a cultura galega aos xaponeses! O intercambio cultural construirá unha boa relación entre Galicia e Xapón” declara na páxina de inicio.
Masashi saltou á actualidade informativa canda ao sismo xaponés ao relatar a tempo real e en galego como viviu os primeiros momentos do Shindo.
Na súa web fala moito de Galicia en xaponés para os nipóns: gastronomía, xeografía, festas, lingua… e para nós comenta na nosa lingua aspectos da vida xaponesa que nos resultan curiosos e sorprendentes.
No momento de se producir o Gran Sismo viña de presentar un libro para dar a coñecer na Illa a nosa terra, baixo o título Os 50 capítulos para coñecer Galicia (Akashi Shoten). El é autor do apartado relativo á historia e a política de Galicia; “Perdoádeme que non puiden ensinarvos a publicación. Quería informar mais pronto, pero uns minutos despois de twitear sobre isto, ocurriu o terremoto”. E é que o libro se publicou o pasado 5 de marzo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario